Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital de | |||||
Capital | Monforte de Lemos | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 18.234 (2023) (91,4 hab./km²) | ||||
Xentilicio | monfortino, monfortina | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 199,5 km² | ||||
Altitude | 360 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Tomé Roca | ||||
Eleccións municipais en Monforte de Lemos | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27400 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27031 | ||||
Páxina web | concellodemonforte.com |
Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca de Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.[1]
Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa. O seu xentilicio é «monfortina/o»[nota 1] ou «limés/limesa».[nota 2][2]
Cunha orixe que se remonta á época castrexa, Monforte viviu o seu maior esplendor entre os séculos XVI e XVII, como capital do condado de Lemos. A chegada do ferrocarril en 1883 converteuna no nó ferroviario máis importante de Galicia e contribuíu ao crecemento da cidade. Do seu patrimonio histórico cabe destacar o mosteiro de San Vicente do Pino, no alto do monte que dá nome á cidade, e o colexio da Nosa Señora da Antiga, considerado o "Escorial" galego.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="nota"/>
correspondente