Monstro de Frankenstein

Monstro de Frankenstein
Personaxe de Frankenstein ou o moderno Prometeo

Boris Karloff como o Monstro de Frankenstein
Creador(es) Mary Shelley
Información
Alcume "Frankenstein", "O Monstro", "A Criatura", "Adam Frankenstein" e outros
Raza Ser humano non morto
Sexo Masculino

O monstro de Frankenstein, ás veces coñecido sinxelamente como Frankenstein, é un personaxe ficticio cuxo creador na ficción foi Victor Frankenstein. O monstro apareceu por vez primeira na novela de Mary Shelley de 1818 Frankenstein ou o moderno Prometeo.[1] O título de Shelley compara a Victor Frankenstein co personaxe mitolóxico Prometeo que creou ós humanos con arxila e lume. Malia que a criatura da novela de Shelley non tiña nome, a criatura tomaría o nome de "Frankenstein" en anos posteriores.

Na historia gótica de Shelley, Victor Frankenstein construíu á súa criatura no laboratorio cun ambiguo método baseado na química e na alquimia. Shelley describe o monstro cunha altura de 2,4 metros, horriblemente feo, mais sensible e emocional. O monstro intenta encaixar na sociedade humana, pero é rexeitado, o cal o leva a vingarse contra o seu creador. Segundo o estudoso Joseph Carroll, o monstro atópase na "fronteira das características que definen normalmente a un protagonista dun antagonista".[2]

  1. "'It's Alive'". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2017. Consultado o 02 de xaneiro de 2017. 
  2. Caroll, Joseph et al. Graphing Jane Austen: The Evolutionary Basis of Literary Meaning, p. 30 (Palgrave Macmillan, 2012).

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in