Monte Chimborazo

Modelo:Xeografía físicaMonte Chimborazo
(es) Chimborazo Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoEstratovolcán
montaña Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaChimborazo Fauna Production Reserve (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAmérica Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia de Chimborazo, Ecuador Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRiobamba Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 1°28′09″S 78°49′03″O / -1.4692, -78.8175
CordilleiraAndes Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude6.263,47 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica4.122 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico846 km Editar o valor en Wikidata
Historia
Período de tempoPaleóxeno Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
4 de xaneiro de 1880 primeira ascensión, ⇒ Edward Whymper, Luigi Carrel (en) Traducir, Jean-Antoine Carrel (pt) Traducir
550 derradeira erupción volcánica Editar o valor en Wikidata

O monte Chimborazo é o volcán máis alto de Ecuador. Está situado nos Andes centrais, 150 km ao suroeste de Quito.

En 1802 o barón Alexander von Humboldt, acompañado de Aimé Bonpland e o ecuatoriano Carlos Montufar, trataba de subir até o cume, pero tivo que volver a 5875 m a causa do "soroche" (malestar que se sente nas alturas por enrarecemento do ar).

O primeiro home que chegou ao cume foi Edward Whymper cos irmáns Louis e Jean-Antoine Carrel en 1880. Como houbo moitas persoas que dubidaban deste éxito, Whymper subiu outra vez, por un camiño diferente o mesmo ano que subiron dous ecuatorianos chamados David Beltrán e Francisco Campaña.

O Glaciar do Chimborazo é fonte de auga para a poboación das provincias ecuatorianas de Bolívar e Chimborazo. A capital de Bolívar, Guaranda (25.000 habitantes) é regada por vertentes provenientes do alto páramo (planicies áridas situadas por encima dos 4000 msnm) a uns 25 km da cidade.

Se ben é certo que o monte Everest é o máis alto da Terra con 8.848 metros sobre o nivel do mar; o Chimborazo con 6.310 m con relación ao nivel do mar; é co cumio máis afastado do centro da Terra.

A pesar da distancia entre Guayaquil e o volcán, en raras ocasións se adoita avistar, xeralmente en época invernal (decembro ~ abril). Pódese apreciar na foto á dereita, que foi tomada dende o norte de Guayaquil, xunto á pista do Aeroporto José Joaquín de Olmedo en febreiro de 2008.

Chimborazo é tamén o nome dunha provincia de Ecuador.

Simón Bolívar escribiu un poema inspirado polo volcán, chamado Mi delirio sobre el Chimborazo.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in