Monte Elbrus

Coordenadas: 43°21′09″N 42°26′16″L / 43.35254, 42.437875

Monte Elbrus

O Monte Elbrus completamente nevado, maio de 2008
Altitude: 5.643 metros
Localización: Rusia
Cordilleira: Cáucaso
Tipo: Estratovulcán (extinto)
Primeira ascensión: 1874 por unha expedición liderada por F. Crauford Grove
Ruta mais doada: Escalada básica en neve/xeo

O Monte Elbrus (en ruso, Эльбрус; en kabardino, Ӏуащхьэмахуэ; en karachai-balkar, Минги тау) é unha montaña localizada na parte occidental da cordilleira do Cáucaso, na Rusia, preto da fronteira coa Xeorxia. O Cáucaso, xunto cos Urais, por convención histórica unicamente (e sen base xeográfica), é considerado a fronteira entre Europa e Asia. O artificialismo da fronteira nun contexto xeográfico é exemplificado polo feito de que a parte setentrional do Cáucaso frecuentemente é considerada como Europa, e a parte meridional na Asia. O monte Elbrus, con 5.642 metros sobre do nivel do mar, é así considerado como a montaña máis alta de Europa.

O Elbrus fica a 20 km ao norte da cordilleira principal do Gran Cáucaso e 65 km sur-suroeste da cidade rusa de Kislovodsk. O seu pico con neves eternas alimenta 22 glaciares que, á súa vez, dan orixe aos ríos Baksan, Kuban e Malka.

Na Antigüidade, o monte era coñecido como Strobilus, e acreditábase que Prometeo fora aló escorrentado.

Os alemáns ocuparon brevemente a montaña durante a segunda guerra mundial con 10000 soldados montañeses; unha historia, posiblemente apócrifa, conta que un piloto soviético recibiu unha medalla por ter bombardeado a cabana principal, Proit 11, cando estaba ocupada. Máis tarde, foille ofrecida unha medalla por non ter atinxido a cabana, mais sen o estoque de combustible, deixando a cabana intacta para as xeracións futuras.

O monte Elbrus non debe ser confundido coas montañas Alborz (tamén chamadas Elburz), no Irán.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy