Movistar | |
---|---|
Tipo | Sociedade anónima |
Fundación | 25 de xullo de 1995 |
Matriz | Telefónica |
Localización | |
Industria | Telecomunicacións |
Produtos | Movistar Fusión, Movistar TV, Fixo, móbil, Internet, fibra, TV |
Na rede | |
https://www.movistar.com/es/, https://movistar.com.mx/, https://www.movistar.es/ e https://ww2.movistar.cl/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Movistar é a marca comercial coa que opera a multinacional española de telecomunicacións Telefónica, en España e Hispanoamérica. No territorio español, engloba as compañías «Telefónica Móviles España, S.A.U.» (telefonía móbil) e «Telefónica de España, S.A.» [1]
Malia que son dúas compañías diferentes e legalmente son independentes, as dúas actúan cunha mesma marca e ofrecen servizos conxuntamente, sen ningunha distinción especial de face aos clientes. Ata maio de 2010, a denominación comercial «Movistar» só estaba destinada á filial «Telefónica Móviles», mentres que os produtos de telefonía e Internet fixos, comercializábanse co nome de «Telefónica».
Unha reestruturación completa da arquitectura das marcas do grupo en 2010, levou a denominar todos os produtos e servizos comerciais baixo a marca «Movistar», e reservar o nome «Telefónica» só para razóns institucionais ou benéficas.[2]