Multiplataforma é un termo empregado para referirse ós programas, sistemas operativos, linguaxes de programación, ou outra clase de software, que poidan funcionar en diversas plataformas. Por exemplo, unha aplicación multiplataforma podería executarse en Windows nun procesador x86, en GNU/Linux nun procesador x86, e en Mac OS X nun x86 (só para equipos Apple) ou nun PowerPC.