Museo de Pontevedra

Museo de Pontevedra
Edificios García Flórez (á esquerda) e Castro Monteagudo
CoordenadasCoordenadas: 42°25′57″N 8°38′35″O / 42.432555, -8.642944
PaísGalicia, España
CidadePontevedra
DirectorÁngeles Tilve Jar[1]
Inauguración1927
Superficie10.000 m²
Visitantes188 600 [2]
Na rede
https://museo.depo.gal/
BNE: XX135670 Dialnet: 3777017
editar datos en Wikidata ]

O Museo de Pontevedra, tamén coñecido como Museo Provincial de Pontevedra, foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

  1. Alejandro Espiño (20 de setembro de 2023). "Ángeles Tilve, primeira muller á fronte do Museo de Pontevedra". Pontevedra Viva. 
  2. "188.599 personas visitaron el Museo de Pontevedra el pasado año". Pontevedra Viva (en castelán). 4 de xaneiro de 2024. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy