MusicBrainz

MusicBrainz
Logo
Tipobase de datos de música en liña, metadata registry e aplicación de catalogación social
Data de fundación17 de xullo de 2000
Fundador(es)Robert Kaye
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://musicbrainz.org/
Facebook: 12390437194 Twitter: MusicBrainz Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

MusicBrainz é un proxecto cuxo obxectivo é a creación dunha base de datos musical de contido aberto. MusicBrainz recolle información sobre música gravada, nomes de artistas, títulos, listaxes de cancións, datas de publicación, etc.[1] O 30 de xaneiro de 2016, MusicBrainz contiña información de arredor dun millón de artistas, un millón e medio de álbums e máis de quince millóns e medio de gravacións.[2]

Os rexistros fanse grazas ao traballo de editores voluntarios que seguen unhas normas de edición precisas. As obras rexistradas poden conter outra información como a data de gravación, país de orixe ou a duración das cancións. Os usuarios finais poden utilizar programas que se comunican con MusicBrainz para etiquetar os seus arquivos de son como MP3, Ogg Vorbis ou AAC.

  1. BBC (ed.). "MusicBrainz". Consultado o 30 de xaneiro de 2016. 
  2. MusicBrainz (ed.). "Database Statistics". Consultado o 30 de xaneiro de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in