Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Tipo | negocio |
---|---|
Deporte | automobilismo e stock car (pt) |
Localización e Datas | |
Localización | Charlotte (Condado de Mecklenburg (pt) ) 35°13′37″N 80°50′36″O / 35.2269, -80.8433 |
Area de operación | Estados Unidos de América |
Vixencia | 1948 – |
Outro | |
Páxina web oficial | nascar.com |
NASCAR son as iniciais en inglés de National Association for Stock Car Auto Racing ("Asociación Nacional de Carreiras de Automóbiles de Serie") e representa actualmente á categoría automobilística máis importante de Estados Unidos e a competencia de stock cars ("automóbiles de serie") máis importante do mundo.
A particularidade destas competicións baséase principalmente en que corren en óvalos e son sempre automóbil de serie, é dicir, automóbiles cuxo deseño básico é o dun automóbil saído de fabrica. Actualmente os automóbiles son fabricados por especialistas baseándose nos perfís e especificacións detallados por NASCAR e os motores son provistos polos grandes fabricantes asegurando un nivel de competencia parello para todos os participantes.