Naginata (en xaponés: 薙刀) é unha lanza, composta por unha hasta de madeira equipada cun longa lámina nunha das extremidades. Foi usada orixinalmente polos guerreiros xaponeses que ían ao campo de batalla montados á cabalo ou non.[1][2] Foi unha arma moi popular entre as mulleres guerreiras xaponesas (onna-bugeisha), xa que grazas á súa longura e a súa coitela curvada, compensaba a maior forza e tamaño corporal dos opoñentes masculinos.[3] Debido a que esta arma foi usada por moitas mulleres guerreiras lendarias, chegou a se converter nunha imaxe icónica das onna-bugeisha. Durante o período Edo, creáronse moitas escolas que se centraron no seu ensino a mulleres, polo que se perpetuou aínda máis a súa asociación feminina.