Giovanni "Nanni" Moretti, nado en Brunico o 19 de agosto de 1953, é un director de cine, produtor e actor italiano. A súa obra caracterízase por unha visión en clave irónica e sarcástica de lugares comúns e da problemática actual do mundo xuvenil, trala que se dexerga unha crítica máis substancial da sociedade italiana e dos seus costumes.