Narrativa

A narrativa é un xénero literario, que adoita presentarse en forma de prosa, mais pode ser tamén en versos (epopea, romanceiros). Segundo Carlos Reis, o texto narrativo é un proceso de exteriorización, unha actitude obxectiva e baseada na sucesividade.

No século XX, a partir do estruturalismo, xorde unha especie de teoría semiótica da narrativa (ou narratoloxía) que propón estudar a narratividade en xeral (novelas, contos, filmes, espectáculos, mitos, anécdotas, cancións, músicas, vídeos). Encabezados por Roland Barthes, estes estudos pretenden encontrar unha "gramática" da narrativa, máis ou menos como Saussure encontrara para a fala. É a partir de aí que xorden as fichas de lectura e os estudos sobre o narrador, os actuantes e as estratexias narrativas de determinada escola, entre outros.

Roland Barthes, mestre no estudo da narrativa, afirma que "a narrativa está presente en todos os tempos, en todos os lugares, en todas as sociedades, comeza coa propia historia da humanidade. [...] É froito do xenio do narrador ou posúe en común con outras narrativas unha estrutura acesíbel á análise".


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy