Comunidad Foral de Navarra (es) Nafarroako Foru Komunitatea (eu) Comunautat Forala de Navarra (oc) | |||||
Himno | Himno das Cortes | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Capital | Pamplona | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 661.537 (2021) (63,66 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá lingua éuscara | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 10.391 km² | ||||
Punto máis alto | Mesa dos Tres Reis (2.438 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Bidasoa (18 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 16 de agosto de 1841 | ||||
Santo padrón | Francisco Xabier e Fermín de Amiens | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Goberno de Navarra | ||||
• Presidencia | María Chivite (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Navarra , (Escano: 50) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Tribunal Superior de Xustiza de Navarra | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-NC | ||||
Código NUTS | ES22 | ||||
Código INE | 31 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Prefectura de Yamaguchi (2003–) | ||||
Páxina web | navarra.es |
Navarra[1] (en éuscaro: Nafarroa, en castelán: Navarra), oficialmente Comunidade Foral de Navarra[2] (en éuscaro: Nafarroako Foru Komunitatea, en castelán: Comunidad Foral de Navarra), é unha comunidade foral uniprovincial de España, ademais dunha das sete provincias (herrialdes) do histórico País Vasco. Situada no extremo norte da Península Ibérica, limita ao norte co departamento dos Pireneos Atlánticos en Francia, ao leste coas provincias aragonesas de Huesca e Zaragoza, ao sur coa Rioxa e ao oeste coas provincias vascas de Guipúscoa e Áraba.
Está formada por 272 concellos, un deles, Petilla de Aragón, formado por dous exclaves na provincia de Zaragoza. Conta cunha poboación de 636 638 habitantes (2015), dos que aproximadamente un terzo vive na capital e cidade máis poboada, Pamplona (196.166 habitantes), e máis da metade na área metropolitana da mesma (328.511 habitantes).
Navarra apareceu por vez primeira como entidade política propia no século IX coa formación do Reino de Pamplona que a finais do século X está xa consolidado como Reino de Navarra. Ademais do castelán, tamén o éuscaro é lingua oficial na zona vascófona e na zona mixta, territorios situados no norte da comunidade.