Estrutura dunha sinapse química típica. |
---|
Os neurotransmisores son substancias químicas endóxenas que transmiten sinais desde unha neurona a unha célula diana por medio dunha sinapse. Os neurotransmisores están no interior de vesículas sinápticas acumuladas no terminal sináptico da neurona presináptica, e son liberados na fenda sináptica (o espazo entre as dúas células), onde se unen a receptores situados na membrana da célula postsináptica. A liberación dos neurotransmisores normalmente está causada pola chegada á membrana do terminal sináptico dun potencial de acción, pero pode tamén ser causado por potenciais eléctricos graduados. Tamén pode haber unha liberación "basal" de baixo nivel sen estimulación eléctrica. Os neurotransmisores sintetízanse a partir de moitos precursores simples, como aminoácidos, que se poden obter facilmente das proteínas da dieta e que requiren só un pequeno número de pasos biosintéticos para orixinar os neurotransmisores.[1]
see pages 13 & 14 of Guide Book