O neutrino é unha partícula subatómica de tipo fermiónico, de carga eléctrica neutra e spin 1/2. Os últimos estudos confirmaron que os neutrinos teñen masa aínda que o seu valor non se coñece con exactitude. En todo caso, sería moi pequeno, con valores aproximadamente duascentas mil veces máis pequenos que a masa do electrón. Ademais, a súa interacción coas demais partículas é mínima, polo que pasan a través da materia ordinaria sen apenas perturbala.
A masa do neutrino ten importantes consecuencias no modelo estándar da física de partículas xa que implicaría a posibilidade de transformacións entre os tres tipos de neutrinos existentes nun fenómeno coñecido como oscilación de neutrinos.
De calquera xeito, os neutrinos non se ven afectados polas forzas electromagnética, gravitacional ou nuclear forte, pero si pola forza feble.