Neve

Cristal de neve.
Paisaxe nevado en Valtavaara, Kuusamo, norte de Finlandia.

A neve[1] é un fenómeno meteorolóxico consistente na precipitación de pequenos cristais de xeo. Estes meteoros adoptan formas xeométricas con características fractais e agrúpanse en folerpas. Xa que está composta por pequenas partículas ásperas é un material granular. Normalmente ten unha estrutura aberta e suave, excepto cando é comprimida pola presión externa.

A neve fórmase comunmente cando o vapor de auga experimenta unha alta deposición na atmosfera a unha temperatura menor de 0 °C (32 °F), e posteriormente cae sobre a terra. A neve tamén se pode fabricar usando os canóns de neve, que consisten en aparellos que crean granciños minúsculos de xeo similares a unha fina saraiba.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para neve.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy