News Corporation | |
---|---|
Logo da compañía | |
Sede de News Corporation. | |
Tipo | Pública |
Fundación | 1979 Adelaide, Australia[1][2] |
Localización | Nova York, Estados Unidos |
Fundador | Rupert Murdoch |
Persoas clave | Rupert Murdoch (Chairman e CEO) Chase Carey (Presidente e COO) |
Industria | Medios de comunicación |
Produtos | Televisión por cable, entretemento filmado, televisión, televisión por satélite e editorial |
Beneficio | US$ 33,706 billóns (2012)[3] |
Beneficio operativo | US$ 2,212 billóns (2012)[3] |
Beneficio neto | US$ 1,179 billion (2012)[3] |
Número de empregados | 47 650 (2012)[3] |
Na rede | |
http://www.newscorp.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A News Corporation (NASDAQ: NWSA, ASX: NWS, NWSLV), moitas veces abreviado como News Corp, foi un grupo de comunicación social norteamericano. No ano 2011, era o segundo meirande grupo de medios de comunicación, e o terceiro maior no sector de entretemento en 2009.
É o segundo maior conglomerado de comunicación do mundo, só por detrás de Walt Disney Company e seguida por Time Warner. O seu CEO é Rupert Murdoch, que fundou a News Corp en 1979, en Australia.
A News Corporation é unha empresa de capital aberto alistada na Bolsa de Valores de Nova York, con anuncios no Australian Securities Exchange e a Bolsa de Valores de Londres. Anteriormente incorporada en Australia, a empresa foi reincorporado logo de que a maioría dos accionistas aprobasen a medida o 12 de novembro de 2004.
En 28 de xuño de 2012, Rupert Murdoch anunciou que, en resposta ás preocupacións dos accionistas en relación a recentes escándalos (envolvendo o tabloide News of the World, propiedade do grupo), os activos da News Corporation serían divididos en dúas empresas de capital aberto: unha para medios de comunicación, e a outra para a área editorial. A división foi formalizada o 28 de xuño de 2013, cando a News Corp. foi renomeada 21st Century Fox, agrupando principalmente os medios de comunicación, mentres unha nova News Corp foi formada para asumir a área editorial e os activos da área de radiodifusión australiana.