(2016) | ||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (de) Nico Erik Rosberg 27 de xuño de 1985 (39 anos) Wiesbaden, Alemaña | |||||||||||||||||||
Residencia | Mónaco Eivisa Wiesbaden | |||||||||||||||||||
Educación | International School of Monaco (en) | |||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | |||||||||||||||||||
Peso | 71 kg | |||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un (2006–2016) | |||||||||||||||||||
Membro de | ||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Alemaña | |||||||||||||||||||
Deporte | Sprint Cup Series (pt) (2003–2008) IndyCar Series (pt) (2001–2003) GP2 (1994–1995) tenis | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||
20 de xaneiro de 2020 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020 | |||||||||||||||||||
17 de xaneiro de 2017 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017 | |||||||||||||||||||
Outro | ||||||||||||||||||||
Título | Campión do Mundo de Fórmula 1 | |||||||||||||||||||
Pais | Keke Rosberg e Sina Rosberg | |||||||||||||||||||
Cronoloxía | ||||||||||||||||||||
Papeis de Panamá | ||||||||||||||||||||
Premios | ||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Páxina web | nicorosberg.com | |||||||||||||||||||
Nico Erik Rosberg, nado en Wiesbaden o 27 de xuño de 1985, é un piloto de Fórmula 1 alemán-finés. Debutou na categoría no 2006 con Williams. Corre baixo a bandeira alemá na Fórmula Un, a pesar de que competiu por Finlandia ao principio da súa carreira. Posúe a dobre nacionalidade destes dous países.[1]
Fillo do Campión Mundial de 1982 Keke Rosberg, gañou a GP2 en 2005 co equipo ART, logo de competir en Fórmula Tres Euroseries con anterioridade para o equipo do seu pai. Posúe o récord do piloto máis novo en lograr unha volta rápida en carreira, cando o acadou o seu primeiro Gran Premio, o de Bahrain 2006. Desde entón gañou 23 grandes premios, 30 poles positions de polo, así como o Campionato Mundial de Pilotos de 2016. É o cuarto piloto da historia en gañar o Gran Premio de Mónaco tres veces consecutivas e é o cuarto piloto da historia en gañar 7 Grandes Premios consecutivos.
En xullo de 2016, Rosberg asinou un novo contrato con Mercedes para quedar no equipo ata o final de 2018.[2] Finalmente gañou o título mundial logo dun duelo intenso con Lewis Hamilton en Abu Zabi, converténdose no segundo fillo dun ex campión, logo de Damon Hill, para gañar o título el mesmo.
Sorprendentemente o 2 de decembro, durante a gala de campións da FIA -e só cinco días despois de acadar o cetro da F1-, Nico Rosberg anunciou en Viena a súa retirada do circuíto internacional.