A nicotinamida ou niacinamida é unha forma de vitamina B3 atopada nos alimentos e utilizada como suplemento dietético e medicamento.[2][3][4] Como suplemento úsase por administración oral para previr e tratar a pelagra (deficiencia de niacina).[3] Aínda que o ácido nicotínico (niacina) pode utilizarse pra este propósito, a niacinamida ten a vantaxe de que non causa que a pel se poña avermellada.[3] En forma de crema úsase para tratar o acne, e foi examinada en estudos clínicos para mellorar os casos de aparición de pel envellecida ao reducir a hiperpigmentación e avermellamento.[4][5] É unha vitamina hidrosoluble. Niacinamida é o seu nome como suplemento, mentres que o seu nome científico químico é nicotinamida.
Os seus efectos secundarios son mínimos.[6][7] A altas doses poden producirse problemas hepáticos.[6] As cantidades normais son seguras para o seu uso durante a gravidez.[8] A niacinamida está dentro da familia dos medicamentos da vitamina B, concretamente no complexo da vitamina B3.[9][10] É unha amida do ácido nicotínico.[6] Entre os alimentos que conteñen niacinamida están os lévedos, carne, leite e verduras.[11]
A niacinamida descubriuse entre 1935 e 1937.[12][13] É unha das medicinas da lista de medicinas esenciais da OMS.[14][15] A niacinamida está dispoñible como medicamento xenérico e que se compra sen receita.[9] Comercialmente, a niacinamida prodúcese a partir de ácido nicotínico (niacina) ou de nicotinonitrilo.[13][16] Nalgúns países, engádese niacinamida aos cereais.[13]
- ↑ Rexistro na GESTIS Substance Database do IFA
- ↑ Bender DA (2003). Nutritional Biochemistry of the Vitamins. Cambridge University Press. p. 203. ISBN 978-1-139-43773-8. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 World Health Organization (2009). Stuart MC, Kouimtzi M, Hill SR, eds. WHO Model Formulary 2008. World Health Organization. pp. 496, 500. ISBN 978-92-4-154765-9. hdl:10665/44053.
- ↑ 4,0 4,1 British National Formulary: BNF 69 (69ª ed.). British Medical Association. 2015. p. 822. ISBN 978-0-85711-156-2.
- ↑ Bissett DL, Oblong JE, Berge CA (xullo de 2005). "Niacinamide: A B vitamin that improves aging facial skin appearance". Dermatologic Surgery 31 (7 Pt 2): 860–5; discussion 865. PMID 16029679. doi:10.1111/j.1524-4725.2005.31732.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Knip M, Douek IF, Moore WP, Gillmor HA, McLean AE, Bingley PJ, Gale EA (novembro de 2000). "Safety of high-dose nicotinamide: a review". Diabetologia (PDF) 43 (11): 1337–45. PMID 11126400. doi:10.1007/s001250051536 https://web.archive.org/web/20170922055550/https://link.springer.com/content/pdf/10.1007%2Fs001250051536.pdf. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de setembro de 2017. Consultado o 20 de abril de 2018.
- ↑ MacKay D, Hathcock J, Guarneri E (xuño de 2012). "Niacin: chemical forms, bioavailability, and health effects". Nutrition Reviews 70 (6): 357–66. PMID 22646128. doi:10.1111/j.1753-4887.2012.00479.x.
- ↑ "Niacinamide Use During Pregnancy". Drugs.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2016.
- ↑ 9,0 9,1 "Niacinamide: Indications, Side Effects, Warnings". Drugs.com. 6 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 5 de agosto de 2017. Consultado o 30 de xuño de 2017.
- ↑ Krutmann J, Humbert P (2010). Nutrition for Healthy Skin: Strategies for Clinical and Cosmetic Practice. Springer Science & Business Media. p. 153. ISBN 978-3-642-12264-4. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2017.
- ↑ Burtis CA, Ashwood ER, Bruns DE (2012). Tietz Textbook of Clinical Chemistry and Molecular Diagnostics (5ª ed.). Elsevier Health Sciences. p. 934. ISBN 978-1-4557-5942-2. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016.
- ↑ Sneader W (2005). Drug Discovery: A History. John Wiley & Sons. p. 231. ISBN 978-0-470-01552-0. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 Blum R (2015). "Vitamins, 11. Niacin (Nicotinic Acid, Nicotinamide)". Vitamins, 11. Niacin (Nicotinic Acid, Nicotinamide. Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry (6ª ed.). Weinheim: Wiley-VCH. pp. 1–9. ISBN 978-3-527-30385-4. doi:10.1002/14356007.o27_o14.pub2.
- ↑ World Health Organization (2019). World Health Organization model list of essential medicines: 21st list 2019. Geneva: World Health Organization. hdl:10665/325771. WHO/MVP/EMP/IAU/2019.06. License: CC BY-NC-SA 3.0 IGO.
- ↑ World Health Organization (2021). World Health Organization model list of essential medicines: 22nd list (2021). Geneva: World Health Organization. hdl:10665/345533. WHO/MHP/HPS/EML/2021.02.
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Synthesis2015