Andreas Nikolaus "Niki" Lauda, nado en Viena, Austria, o 22 de febreiro de 1949 e finado na mesma cidade o 20 de maio de 2019,[1] foi un piloto austríaco de Fórmula 1 de orixe galega,[2] tres veces Campión do Mundo de F1. Posteriormente, empresario de aviación, que fundou e dirixiu dúas liñas aéreas e foi xerente do equipo de carreiras Jaguar de Fórmula 1 durante dous anos.