Nikola Tesla |
|
Nacemento | (sr) Никола Тесла 10 de xullo de 1856 Smiljan, Croacia (pt) |
---|
Morte | 7 de xaneiro de 1943 (86 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
---|
Lugar de sepultura | Nikola Tesla Museum, Belgrade, Serbia (en) 44°48′18″N 20°28′15″L / 44.805, 20.4708 |
---|
Residencia | Colorado Springs (1899–) Nova York (1884–) París (1882–1884) Budapest (1881–1882) Praga (1880–1881) Graz (1875–1878) Karlovac (1870–1873) Smiljan (pt) (1856–1870) |
---|
Grupo étnico | Serbios de Croacia |
---|
Relixión | Igrexa ortodoxa serbia |
---|
Educación | Universidade Tecnológica de Graz (pt) (1875–1878) Ginásio Karlovac (pt) (1870–1873) Universidade Carolina de Praga |
---|
|
Campo de traballo | Enxeñaría eléctrica, enxeñaría mecánica, físico, mecánica e inventor |
---|
Ocupación | inventor, físico, enxeñeiro mecánico, enxeñeiro eléctrico, futurist (en) |
---|
Empregador | Westinghouse Electric (1888–) Tesla Electric Light & Manufacturing (pt) (1886–) |
---|
Membro de | |
---|
Influencias | |
---|
|
Cónxuxe | sen valor |
---|
Pais | Milutin Tesla e Georgina Duka Mandić |
---|
Irmáns | Marica Kosanovic |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:25 : Струнино — Тихорецк, sec:Тесла Никола, p.512-513) Enciclopedia de Otto, (vol:25, sec:Tesla, p.227) |
---|
|
Nikola Tesla (en cirílico serbio: Никола Тесла), nado en Smiljan Imperio Austrohúngaro (hoxe en día Croacia) o 10 de xullo de 1856 e finado en Nova York o 17 de xaneiro de 1943, foi un físico, matemático, inventor, e enxeñeiro eléctrico serbio estadounidense[1][2][3][4] e o promotor máis importante do nacemento da electricidade comercial. Coñécese, sobre todo, polas súas numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo, desenvolvidas a finais do século XIX e principios do século XX. As patentes de Tesla e o seu traballo teórico formaron as bases dos sistemas modernos de potencia eléctrica por corrente alterna (CA), incluíndo o sistema polifásico de distribución eléctrica hoxe en día chamado sistema trifásico e o motor de corrente alterna, que tanto contribuíron ao nacemento da Segunda revolución industrial.
Tesla era etnicamente serbio[5][6] xa que naceu na vila de Smiljan (hoxe en día en Croacia), no entón Imperio Austrohúngaro (aínda que algúns académicos romaneses afirman que era istroromanés)[7].
Era cidadán do imperio austríaco por nacemento e máis tarde converteuse en cidadán estadounidense.[8] Trala súa demostración de comunicación sen fíos por medio de ondas de radio en 1894 e logo da súa vitoria na guerra das correntes, foi amplamente recoñecido como un dos máis grandes enxeñeiros eléctricos dos Estados Unidos de América.[9] Gran parte do seu traballo inicial foi pioneiro na enxeñaría eléctrica moderna e moitos dos seus descubrimentos foron de suma importancia. Durante este período nos Estados Unidos a fama de Tesla rivalizaba coa de calquera inventor ou científico na historia ou a cultura popular,[10] pero debido á súa personalidade excéntrica e ás súas afirmacións aparentemente incribles e algunhas veces case inverosímiles, acerca do posible desenvolvemento de innovacións científicas e tecnolóxicas, Tesla foi finalmente relegado ao ostracismo e considerado un científico tolo.[11][12] Tesla nunca prestou moita atención ás súas finanzas. Dise que morreu empobrecido á idade de 86 anos.[13]
A unidade de medida do campo magnético B do Sistema Internacional de Unidades (tamén denominado densidade de fluxo magnético e indución magnética), o Tesla, foi chamado así no seu honor na Conférence Générale des Poids et Mesures (París, en 1960), como tamén o efecto Tesla de transmisión sen fíos de enerxía a dispositivos electrónicos (que Tesla demostrou a pequena escala coa lámpada incandescente en 1893), o cal pretendía usar para a transmisión intercontinental de enerxía a escala industrial no seu proxecto inconcluso, a Wardenclyffe Tower (Torre de Wardenclyffe).[14]
Separadamente do seu traballo en electromagnetismo e enxeñaría electromecánica, Tesla contribuíu en diferente medida ao desenvolvemento da robótica, o control remoto, o radar, as ciencias da computación, a balística, a física nuclear,[15] e a física teórica. En 1943, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos de América acreditouno como o inventor da radio.[16] Algúns dos seus logros foron usados, non sen controversia, para xustificar varias pseudociencias, teorías sobre OVNIS e sobre antigravidade, así como o ocultismo da New age e teorías sobre a teletransportación.
- ↑ Burgan, Michael (2009). Capstone, ed. Nikola Tesla: Inventor, Electrical Engineer. Mankato, Minnesota. p. 9. ISBN 978-0-7565-4086-9.
- ↑ BBC News, ed. (10 de xullo do 2006). "Electrical pioneer Tesla honoured". Consultado o 20 de maio do 2013.
- ↑ Radio Free Europe/Radio Liberty, ed. (9 de xuño do 2015). "No, Nikola Tesla's Remains Aren't Sparking Devil Worship In Belgrade".
- ↑ History Channel (ed.). "Nikola Tesla". Consultado o 15 de xuño do 2014.
Serbian-American engineer and physicist Nikola Tesla (1856–1943) made dozens of breakthroughs in the production, transmission and application of electric power.
- ↑ Seifer, Marc (1996). Wizard: The Life and Times of Nikola Tesla; Biography of a Genius. Secaucus, NJ: Carol Publishing Group.
There is something in me which is only perhaps illusory," Tesla began, "[It is] like that which often comes to young, enthusiastic persons, but if I were to be sufficiently fortunate to bring about at least some of my ideas it would be for the benefit of humanity. ... If these hopes become one day a reality, my greatest joy would spring from the fact that this work would be the work of a Serb.
- ↑ (en inglés) Tesla, Nikola (1993). My inventions.
At that time I was under the sway of the Serbian national poetry, and therefore full of admiration for the feats of the heroes.
- ↑ "Tesla, de posibles orixes istroromanesas". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2013. Consultado o 08 de xuño de 2013.
- ↑ BBC News, ed. (10-07-2006). "Electrical pioneer Tesla honoured" (en inglés). Consultado o 15/06/2013.
- ↑ Serbian Unity Congress (ed.). "Nikola Tesla - electrical engineer and inventor". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2009. Consultado o 15 de agosto de 2009.
- ↑ Valone, T. Adventures Unlimited Press, ed. Harnessing the Wheelwork of Nature: Tesla's Science of Energy (en inglés). ISBN 1931882045.
- ↑ Childress, David Hatcher (ed.) (2000). Adventures Unlimited Press]], ed. The Tesla Papers: Nikola Tesla on Free Energy & Wireless Transmission of Power. Kempton, IL. ISBN 0932813860.
- ↑ Robert Lomas (21-08-1999). "Spark of genius". Independent Magazine. Arquivado dende o orixinal o 23-06-2008. Consultado o 15/06/2013.
- ↑ White MJ (2001). Rivals: conflict as the fuel of science. Londres: Secker & Warburg. pp. 174. ISBN 0-436-20463-0.
- ↑ El País (ed.). "El visionario que acertó". Consultado o 315/06/2013.
- ↑ Cheney M (2001). Touchstone, ed. Tesla : Man Out of Time. New York, NY. ISBN 0-7432-1536-2.
- ↑ U.S. Supreme Court, "Marconi Wireless Telegraph co. of America v. United States". 320 U.S. 1. Nos. 369, 373. Argued 9–12 April 1943. Decided 21 June 1943.