Nitrito

Nitrito
Space-filling model of the nitrite ion
Identificadores
Número CAS 14797-65-0
Propiedades
Fórmula molecular NO2-
Masa molecular 46,01 g mol−1
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O nitrito é un ión coa fórmula química NO2. É un anión simétrico con iguais lonxitudes nos seus enlaces N–O situados en ángulo. Despois da protonación, prodúcese o ácido feble inestable ácido nitroso. O nitrito pode ser oxidado ou reducido, e o produto obtido depende en certa medida do axente oxidante/redutor e a súa forza. O ión nitrito é un ligando ambidentado, e enlázase aos centros metálicos en polo menos cinco formas.[1] Na natureza os nitritos aparecen por oxidación biolóxica das aminas e do amoníaco ou por redución do nitrato en condicións anaeróbicas. Na industria poden obterse ao disolver N2O3 en disolucións básicas. O nitrito é tamén importante en bioquímica como fonte do potente vasodilatador óxido nítrico. En química inorgánica o grupo NO2 está presente nos ésteres do ácido nitroso e nos compostos nitro. Os nitritos tamén se usan na industria de produción de alimentos para curar a carne (aditivos E249 = nitrito de potasio, e E250 = nitrito de sodio).

  1. Greenwood, Norman N.; Earnshaw, Alan (1997). Chemistry of the Elements (2nd ed.). Butterworth-Heinemann. Páxinas 461-464. ISBN 0-08-037941-9.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in