Nixeria

Modelo:Xeografía políticaNixeria
Nijeriya (ha)
Naigeria (ig)
Nàìjíríà (yo) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoArise O Compatriots, Nigeria's Call Obey Editar o valor em Wikidata

Lema«Unity and Faith, Peace and Progress»
«Единство и вяра, мир и прогрес»
«Undod a Ffydd, Heddwch a Chynnydd» Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialCostus spectabilis (floral emblem (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aRío Níxer Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 9°N 8°L / 9, 8Coordenadas: 9°N 8°L / 9, 8
CapitalAbuja (1991–) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación211.400.708 (2021) Editar o valor em Wikidata (228,85 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie923.768 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoChappal Waddi (2.419 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoLagos (pt) Traducir (−0,2 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de outubro de 1963 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública federal Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoMinistério Federal da Nigéria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataBola Tinubu (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional da Nigéria (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialSuprema Corte da Nigéria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal440.833.583.992 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaNaira Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ng Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+234 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112 e 199 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísNG Editar o valor em Wikidata

Páxina webnigeria.gov.ng Editar o valor em Wikidata
BNE: XX452385

Nixeria[1] (En-us-Nigeria.ogg [n ), oficialmente República Federal de Nixeria, é unha república federal que comprende 36 estados e máis o Territorio da Capital Federal, Abuja. O país atópase no oeste de África, e comparte fronteiras terrestres coa República de Benín polo oeste, o Chad e o Camerún polo leste, e Níxer polo norte. No sur está a costa, co golfo de Guinea no océano Atlántico.

Ó longo da historia, a zona veu nacer varios reinos e imperios, mais o moderno estado de Nixeria ten a súa orixe na colonización británica da rexión dende final do século XIX e comezos do XX. O país xurdiu da combinación de dous protectorados británicos veciños: o Protectorado do Sur de Nixeria e o Protectorado do Norte de Nixeria. Durante a era colonial, os británicos estableceron estruturas legais e administrativas ó mesmo tempo en que se mantiveron as xefaturas tradicionais. Nixeria conseguiu a independencia en 1960, mais pouco despois sumiuse nunha guerra civil durante varios anos. Dende entón, o seu goberno alternouse entre dirixentes democraticamente elixidos e ditaduras militares, sendo as eleccións presidenciais de 2011 as primeiras realizadas en termos razoables de liberdade e claridade.[2]

Nixeria é considerado como o "Xigante de África", por mor da súa gran poboación e economía.[3] Con aproximadamente 174 millóns de habitantes, Nixeria é o país máis populoso de África e o sexto máis poboado do mundo.[4] En 2020 Nixeria tiña a poboación xuvenil máis grande do mundo: o 70 % da poboación ten menos de trinta anos e o 42 % menos de quince anos.[5] O país está habitado por máis de 500 grupos étnicos, sendo os tres máis grandes os hausas, os ibos e os yorubas. Atendendo á relixión, Nixeria está dividida en dúas metades, entre os cristiáns que viven na parte sur e central do país, e os musulmáns, concentrados nas zonas norte e suroeste. Unha minoría da poboación practica as relixións indíxenas de Nixeria.

No 2014, a economía de Nixeria (PIB) converteuse na maior de África, valorada en máis de $500 billóns, e superou a Suráfrica para ser a 26ª economía máis grande do mundo.[6][7] Ademais, a relación da débeda do seu PIB é de só o 11% (8% menos que a relación de 2012).[8] No 2050, as previsións din que Nixeria será unha das 20 principais economías do mundo.[9] As reservas de petróleo do país tiveron un papel moi importante no crecemento da súa riqueza e influencia. Nixeria é considerado como un mercado emerxente polo Banco Mundial[10] e foi identificado como a potencia rexional de África.[9][11][12] Tamén é membro do grupo de países "MINT", que son aqueles identificados como os novos "BRIC"s. Tamén está listada como unha economía dos "Vindeiros once", entre os máis grandes do mundo. Nixeria é membro da Commonwealth de Nacións, da Unión Africana, da OPEC e das Nacións Unidas, entre outras organizacións internacionais.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nixeriano.
  2. Nossiter, Adam (16 de abril de 2011). "Nigerians Vote in Presidential Election". The New York Times. Consultado o 17 de abril de 2011. 
  3. Nigeria: Giant of Africa, by Peter Holmes 1987
  4. Library of Congress – Federal Research Division (xulo de 2008). "Country profile: Nigeria" (PDF): 9. Consultado o 28 de decembro de 2011. 
  5. Akinyemi, Akanni Ibukun; Wale Mobolaji, Jacob (18 de xullo de 2022). "Nigeria’s large, youthful population could be an asset or a burden". The Conversation (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2022. Consultado o 13 de outubro de 2023. 
  6. "Nigeria becomes Africa's largest economy". Consultado o 5 de abril de 2014. 
  7. "Nigerian Economy Overtakes South Africa's on Rebased GDP". Consultado o 20 de abril de 2014. 
  8. "UPDATE 2-Nigeria surpasses South Africa as continent's biggest economy". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 26 de abril de 2014. 
  9. 9,0 9,1 "Nigeria is poised to become Africa's most powerful nation". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 28 de novembro de 2013. 
  10. "Nigeria". World Bank. Consultado o 28 de novembro de 2013. 
  11. "Nigeria". West Africa Gateway. Consultado o 25 de agosto de 2013. 
  12. "Nigeria" (PDF). Consultado o 28 de novembro de 2013. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy