Noalla, Sanxenxo

Santo Estevo de Noalla
Tímpano da igrexa de Santo Estevo
ConcelloSanxenxo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°25′55″N 8°51′15″O / 42.43194444, -8.85416667
Área8,7 km²
Poboación2.552 hab. (2016)
Densidade293,33 hab./km²
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo Estevo de Noalla é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 2.552 habitantes (1.322 mulleres e 1.230 homes), o que representa unha estabilidade demográfica respecto ós últimos anos: en 2009 tiña 2.561 habitantes; en 2008, 2.533; e en 2000, 2.453.

Limita ó norte coa ría de Arousa; ó noroeste co istmo da Lanzada, do concello do Grove; ó oeste e ó sur co océano Atlántico; e ó leste coas parroquias de Vilalonga, Gondar, Adina e Arra. A parroquia ten unha superficie de 8,7 km2, o que a converte na parroquia máis extensa do concello. Consta de 17 entidades de poboación.

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in