Aotearoa (mi) | |||||
Himno | God Defend New Zealand | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «100% Pur» | ||||
Epónimo | Zelandia | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Wellington (1865–) | ||||
Contén a división administrativa | Canterbury (pt) Chatham Islands Council (en) Costa Oeste (pt) Gisborne (pt) Hawke's Bay (pt) Manawatu-Wanganui (pt) Nelson Region (en) Região de Marborough (pt) Rexión da Baía de Plenty Rexión de Auckland Rexión de Northland Rexión de Otago Southland (pt) Taranaki (pt) Tasman (pt) Waikato Wellington (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.118.700 (2021) (19,1 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua maorí língua de sinais da Nova Zelândia (pt) lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 268.021 km² | ||||
Punto máis alto | Monte Cook (pt) (3.724 m) | ||||
Punto máis baixo | Taieri Plain (en) (−2 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Cronoloxía | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Monarquía parlamentaria | ||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido (2022–) | ||||
Órgano executivo | Government of New Zealand (en) | ||||
• Primeiro-ministro da Nova Zelândia (pt) | Christopher Luxon (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento da Nova Zelândia (pt) , (Escano: 120) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of New Zealand (en) | ||||
Membro de | The Technical Cooperation Program (en) ANZUK (en) Air Force Interoperability Council (en) ../... 36+ | ||||
PIB nominal | 255.551.704.626 $ (2021) | ||||
PIB per cápita | 41.666,64 $ (2019) | ||||
Moeda | Dólar neozelandés | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .nz | ||||
Prefixo telefónico | +64 | ||||
Teléfono de emerxencia | 111 | ||||
Código de país | NZ | ||||
Páxina web | govt.nz | ||||
Nova Zelandia[1] ou Nova Celandia[2] (en inglés: New Zealand i/njuːˈziːlənd/, e en maorí: Aotearoa) é un país insular de Oceanía que se localiza no suroeste do océano Pacífico, formado por dúas grandes illas, a Illa Norte e a Illa Sur, xunto a outras moitas illas menores, destacando entre elas a Illa Stewart e as Illas Chatham. O Reino de Nova Zelandia tamén inclúe as Illas Cook e Niue (estados autónomos en libre asociación), e Tokelau.
Nova Zelandia, notable polo seu illamento xeográfico, está situada preto de 2000 quilómetros ao sueste de Australia no mar de Tasmania, e os seus veciños máis próximos ao norte son Nova Caledonia, Fidxi e Tonga. Debido a este longo illamento, no país desenvolveuse unha fauna endémica dominada polas aves, moitas das cales se extinguiron logo da chegada dos humanos e os mamíferos que introduciron sen ningún control[3]. A maior parte da poboación neozelandesa é de ascendencia europea; os indíxenas maorís son a minoría máis numerosa[4]. Os asiáticos e os polinesios tamén son minorías significativas, especialmente nas zonas urbanas. Aínda que ten tres idiomas oficiais, o máis falado con diferenza é o inglés[5].
O xefe de Estado de Nova Zelandia é Carlos III, como rei de Nova Zelandia, e está representado por un gobernador xeral[6], mentres que o poder executivo é exercido polo gabinete e o Primeiro Ministro. As súas cidades sitúanse entre as de mellor calidade de vida no mundo[7]. Nova Zelandia é un país desenvolvido que se sitúa en lugares altos dentro de escalas internacionais sobre moitos temas, incluíndo a ausencia de corrupción, o nivel de educación e a liberdade económica, pero sen dúbida entre o que máis resalta, é no seu índice de desenvolvemento humano, que o sitúa sexto no mundo en 2012, e os seus índices de democracia, os cales sitúano na gran maioría das publicacións e estudos importantes como o país máis libre e co maior respecto aos dereitos civís no mundo[8].
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome extinction
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome gruposetnicos
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome SpokenLanguage
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome reina