Nube de Oort

Gráfico que amosa a distancia a escala logarítmica da Nube de Oort co resto do Sistema Solar e dúas das estrelas máis próximas, medido en unidades astronómicas. A frecha vermella indica a posición aproximada da sonda Voyager 1.
Gráfico que amosa a distancia a escala logarítmica da Nube de Oort co resto do Sistema Solar e dúas das estrelas máis próximas, medido en unidades astronómicas. A frecha vermella indica a posición aproximada da sonda Voyager 1.
Representación artística da Nube de Oort e do Cinto de Kuiper.
Representación artística da Nube de Oort e do Cinto de Kuiper.

A Nube de Oort, nomeada polo astrónomo neerlandés Jan Oort e en ocasións chamada a Nube de Öpik–Oort,[1] é unha nube teórica que estaría predominantemente composta de planetesimais volátiles que arrodearía ó Sol a unha distancia de entre as 2 000 e as 200 000 UA.[a][2] A súa existencia postulouna por primeira vez o astrónomo estoniano Ernst Öpik no ano 1932.[3] Divídese en dúas rexións: unha Nube interior de Oort en forma de disco coñecida como Nube de Hills, e unha Nube de Oort exterior esférica. Ámbalas dúas rexións atoparíanse máis aló da heliosfera, no espazo interestelar.[2][4] En comparación, o Cinto de Kuiper e o disco disperso, os outros dous depósitos de obxectos transneptunianos, atópanse a menos dunha milésima parte de distancia do Sol que a Nube de Oort.

O límite exterior da Nube de Oort define o límite cosmográfico do Sistema Solar e a extensión da esfera de Hill do Sol.[5] A Nube exterior de Oort tería unha débil ligazón co Sistema Solar, e veríase doadamente afectada polo pulo gravitacional de estrelas próximas e da propia Vía Láctea. Estas forzas serían as que ocasionalmente extraerían cometas das súas orbitas dentro da nube, enviándoos cara ao Sistema Solar interior.[2] Baseándose nas súas órbitas, a maioría dos cometas de período curto procederían do disco disperso, máis algúns destes poderían ter a súa orixe na Nube de Oort.[2][6]

Os astrónomos conxecturaron que a materia que compoñería a Nube de Oort estaría formada preto do Sol e posteriormente quedaría espallada lonxe no espazo por mor dos efectos gravitacionais dos planetas xigantes nos comezos da evolución do Sistema Solar.[2] Malia que non se realizaron observacións directas confirmadas da Nube de Oort, considérase que esta podería ser a fonte dos cometas de período longo e de tipo Halley que se adentran no Sistema Solar, así como de moitos dos cometas centauros e da familia de Xúpiter.[6]

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Whipple
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Morbidelli2006
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Öpik-1932
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome jpl.PIA17046
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome NASA_SSE_oort
  6. 6,0 6,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome emel2007


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in