Nucleomorfo

Diagrama dun cloroplasto con catro membranas que contén un nucleomorfo.

Os nucleomorfos son núcleos eucariotas pequenos e vestixiais que se encontran entre os pares de membranas internos e externos de certos plastos. Pénsase que son vestixios de núcleos de primitivas algas vermellas e verdes que foron fagocitados por un eucariota máis grande. Como o nucleomorfo se encontra entre dous conxuntos de membranas, son un apoio á teoría endosimbiótica e son unha proba de que os plastos que os conteñen son plastos complexos. Que teñan dous conxuntos de membranas indica que o plasto, en orixe un procariota, foi fagocitado por un eucariota, unha alga, a cal á súa vez despois foi fagocitada por outro eucariota, a célula hóspede, o que fai deste plasto un exemplo de endosimbiose secundaria.[1][2]

  1. Archibald, J.M.; Lane, C.E. (2009). "Going, Going, Not Quite Gone: Nucleomorphs as a Case Study in Nuclear Genome Reduction". Journal of Heredity 100 (5): 582–90. PMID 19617523. doi:10.1093/jhered/esp055. 
  2. Reyes-Prieto, Adrian; Weber, Andreas P.M.; Bhattacharya, Debashish (2007). "The Origin and Establishment of the Plastid in Algae and Plants". Annual Review of Genetics 41 (1): 147–68. PMID 17600460. doi:10.1146/annurev.genet.41.110306.130134. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy