ONO

Logo de ONO.

ONO (Vodafone Ono S.A.U.[1]) era unha empresa filial de telecomunicacións de Vodafone España S.A.U., que opera en España desde 1998. Ofreceu servizos integrados de voz, televisión de pago e Internet a través da súa propia rede de cable de banda ancha.

ONO adquiriu diversas empresas de telecomunicacións, sendo a compra máis importante a de Auna en novembro de 2005, para converterse na empresa de cable máis importante de España[Cómpre referencia]. Úneselle ademais o servizo de telefonía móbil, e abrangue a licenza de OMV grazas a un acordo con Telefónica.

Presidida durante moitos anos por Eugenio Galdón, en 2008 foi substituído polo galego Xosé María Castellano. No ano 2014 tras comprar Vodafone España o grupo Ono por 7200 millóns de euros, Antonio Coimbra, conselleiro delegado de Vodafone España, converteuse en conselleiro delegado de Ono.[2]

  1. Aviso Legal. Páxina web de Ono. Recuperada o 28 de xullo de 2015 (en castelán).
  2. Vodafone formaliza la compra de Ono y preparan ya sus primeras ofertas conjuntas. www.eleconomista.es, 23/07/2014 (en castelán).

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in