O Cancelo, Baredo, Baiona

O Cancelo

Editar o valor en Wikidata
ParroquiaBaredo
ConcelloBaiona
Coordenadas42°06′24″N 8°52′24″O / 42.106530555556, -8.8733166666667Coordenadas: 42°06′24″N 8°52′24″O / 42.106530555556, -8.8733166666667
Poboación104 hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]

O Cancelo é un lugar da parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona, na comarca de Vigo. Segundo o IGE,[1] en 2015 tiña 104 habitantes (49 homes e 55 mulleres).

Nel atópase a igrexa parroquial, o cemiterio e o centro cultural de Baredo. Polo que constitúe a cabeceira parroquial.

Cancelo e mais A Cachada

É un pequeno asentamento rural orixinado polo cruzamento de antigos camiños, polo que está sinalizado cun cruceiro de pedra. As vivendas manteñen tipoloxías tradicionais, pero están alteradas por reformas e engadidos. A contorna conforma un lugar chan, con parcelas fechadas con muros de cachotería de granito.[2]

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  2. "PXOM de Baiona". Concello de Baiona. Consultado o 23-08-2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy