O Mosteiro | |
---|---|
Casa do concello de Meis. | |
Parroquia | Nogueira, San Tomé de Nogueira |
Concello | Meis |
Coordenadas | 42°31′01″N 8°42′15″O / 42.516833333333, -8.7041111111111 |
Poboación | 196 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Mosteiro é a capital do concello de Meis. Atópase na parroquia de San Vicente de Nogueira, pero a poboación continúa na parroquia de San Tomé de Nogueira, estendéndose pola estrada PO-300. Ademais, outros lugares están adheridos ao Mosteiro debido á súa expansión urbana.
Segundo datos do INE, a parte correspondente a San Vicente tiña 190 habitantes en 2016 (87 homes e 103 mulleres), o que representa un ascenso respecto a anos anteriores (172 en 2013, 176 en 2014 ou 177 en 2015); pola súa banda, a parte correspondente a San Tomé tiña 265 habitantes en 2016 (132 homes e 133 mulleres), nun lento e suave descenso respecto a anos anteriores (191 en 2013, 285 en 2014 ou 268 en 2015).