O enterro do conde de Orgaz

Coordenadas: 39°51′24″N 4°1′42″O / 39.85667, -4.02833

O enterro do conde de Orgaz
ArtistaEl Greco
Dataaprox. 1586-1588
Técnicapintura ó óleo sobre lenzo
Movementomanierismo
Dimensións480 cm × 360 cm
LocalizaciónIgrexa de santo Tomé (Toledo)

O enterro do conde de Orgaz ou O enterro do señor de Orgaz é un cadro ó óleo pintado por El Greco (Domenikos Theotokopoulos, 1541-1614), de estilo manierista, realizado para a parroquia de San Tomé de Toledo entre o anos 1586 e 1588. A pintura atópase aínda nese mesmo lugar e está considerada unha das pinturas máis senlleiras e coñecidas do artista.[1]

A obra está no punto medio de desenvolvemento artístico do pintor e foi encargada polo capelán reitor de Santo Tomé, Andrés Núñez. O tema baséase nunha lenda do século XIV, segundo a cal santo Estevo e santo Agostiño baixaron do ceo para trasladar o corpo de Gonzalo Ruiz de Toledo, señor da vila de Orgaz (provincia de Toledo), á tumba feita para el nunha capela da devandita parroquia. A participación dos santos era un premio por unha vida exemplar de devoción aos santos, pola súa humildad e polas obras de caridade que levara a cabo.[2]

A pintura amosa a característica elongación das figuras que facía El Greco, así como o horror vacui «medo ó baleiro», aspectos que se farían cada vez máis acusados a medida que o autor se avellentaba. Estes trazos seus proviñan do manierismo e da súa época veneciana, aínda que na composición deixouse influenciar polas súas orixes bizantinas cretenses, especialmente na parte superior do cadro.[3]

Para algúns autores esta obra é "o paradigma do xeito de pintar do cretense".[4]

  1. Baltés (2007): p. 89
  2. Álvarez Lopera (2001), p. 33
  3. Álvarez Lopera (2001), p. 35
  4. Rozalén Medina (2009), p. 173

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy