A guerra das galaxias, episodio V: O imperio contraataca | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Star Wars Episode V: The Empire Strikes Back |
Director | Irvin Kershner |
Produtor | Gary Kurtz Executivo George Lucas |
Guión | Leigh Brackett Lawrence Kasdan |
Intérpretes | Mark Hamill Harrison Ford Carrie Fisher Billy Dee Williams Anthony Daniels David Prowse Kenny Baker Peter Mayhew Frank Oz |
Música | John Williams |
Fotografía | Peter Suschitzky, BSC |
Montaxe | Paul Hirsch |
Estudio | Lucasfilm |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 21 de maio de 1980 28 de decembro de 1990 (TVG) |
Duración | 129 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ficción científica, aventuras |
Orzamento | $32 000 000 |
Recadación | $538 375 067 |
Filme anterior | A guerra das galaxias |
Filme seguinte | O retorno do Jedi |
Na rede | |
http://www.starwars.com/explore/the-movies/episode-v | |
O imperio contraataca[1] ou A guerra das galaxias, episodio V: O imperio contraataca (en inglés: Star Wars Episode IV: The Empire Strikes Back) é un filme estadounidense dirixido por Irvin Kershner e producido por George Lucas que se estreou en 1980. É o segundo filme da saga de Star Wars, pero o quinto en orde cronolóxica interna da saga. Estreouse en galego na TVG o 28 de decembro de 1990.