Obi-Wan Kenobi

Traxe de Obi-Wan Kenobi.

Obi-Wan Kenobi

Cargo: Mestre Jedi.
Mestre Jedi membro do Consello Jedi.
Xeneral Jedi do Grande exército da República.
Afiliación: Orde Jedi.
República Galáctica.
Alianza Rebelde.
Jedi.
Raza: Humano
Planeta natal: Stewjon, críado en Coruscant.
Equipo habitual: Sabre de luz.
Actor: Alec Guinness nos episodios IV, V e VI. Ewan McGregor nos episodios I, II e III.

Obi-Wan "Ben" Kenobi é un personaxe ficticio da serie de filmes e libros de aventura épica a Guerra das Galaxias. Obi-Wan é unha figura clave nos acontecementos deste universo como as Guerras Clon, a extinción dos Jedi, a caída da República Galáctica e a unión de Luke Skywalker á forza.

É un dos personaxes principais da saga de filmes e xunto con Anakin Skywalker/Darth Vader, C-3PO e R2D2 é un dos poucos en aparecer nos seis episodios de Star Wars. Na triloxía orixinal foi interpretado por Sir Alec Guinnes, nas precuelas por Ewan McGregor e foi dobrado por James Arnold Taylor na versión orixinal de Star Wars: As Guerras Clon e na serie derivada desta.

Obi-Wan Kenobi aparece por primeira vez en Star Wars Episodio IV: Unha nova esperanza. Luke Skywalker, personaxe principal do filme, xa o coñecía como un misterioso ermitán ao que chamaban 'Ben' Kenobi. Máis tarde, revélase como un vello jedi no exilio, e comeza a ensinar a Luke os camiños da Forza, unha misteriosa enerxía que dá orixe aos poderes dos jedi. Na nova triloxía, Obi-Wan aparece por primeira vez en Star Wars Episodio I: A ameaza pantasma, como un padawan ou aprendiz de jedi para despois pasar a se-lo mestre de Anakin Skywalker.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in