Ој, свијетла мајска зоро | |
---|---|
Oj, svijetla majska zoro | |
En galego: Oh, brillante alba de maio | |
Himno de | Montenegro |
Letra | Canción nacional editada por Sekula Drljević |
Música | Melodía tradicional |
Adoptado | 2004 |
Mostra da música | |
Oj, svijetla majska zoro (escrita en cirílico montenegrino: Ој, свијетла мајска зоро, literalmente: Oh, brillante alba de maio) é o himno nacional de Montenegro. Foi escrito en 1932 ou 1933 por Sekula Drljević baseándose en cancións populares de Montenegro, co título "Vječna naša Crna Goro". A canción foi publicada en 1937 en Zagreb por Savić Marković Štedimlija, no seu libro "Croacia Vermella", e de novo en 1944.
O himno ten sido criticado por manter as letras alteradas de Sekula Drljević, antigo presidente nazi de facto do Estado de Montenegro durante a segunda guerra mundial. Previamente, a finais do século XIX e principios do XX, Montenegro mantiña dous himnos: o oficial Ubavoj nam Crnoj Gori (lit. Ao noso Montenegro bonito) e o popular Onamo, 'namo (lit. Aló, por aló).