Oligoceno

Era [1] Período Época Millóns de anos
Cenozoico Cuaternario Holoceno 0,011784
Plistoceno 2,588
Neóxeno Plioceno 5,332
Mioceno 23,03
Paleóxeno Oligoceno 33,9 ±0,1
Eoceno 55,8 ±0,2
Paleoceno 65,5 ±0,3
Sedimentos do oligoceno en Colorado.

O oligoceno, unha división da escala temporal xeolóxica, é a terceira e última época xeolóxica do período paleóxeno na era cenozoica.

Comezou hai 33,9 ± 0,1 millóns de anos e finalizou hai 23,03 millóns de anos.[2][3]

O oligoceno considérase a miúdo como un momento de transición entre o mundo tropical arcaico do eoceno e os ecosistemas de aspecto máis moderno do mioceno.[4] O cambio máis significativo dos ecosistemas do oligoceno foi a expansión global dos pasteiros e unha regresión dos bosques tropicais da franxa ecuatorial.

O comezo do oligoceno está marcado por un grande evento de extinción, unha substitución da fauna de Europa por outra de Asia, excepto para as familias endémicas de roedores e marsupiais, coñecida como a "Gran Ruptura de Stehlin". O límite oligoceno-mioceno non está marcado por un evento tan facilmente identificábel, senón máis ben por límites rexionais entre o máis cálido oligoceno tardío e o relativamente frío mioceno. A extinción que tivo lugar no oligoceno non foi moi severa, pero eliminou os enormes Titanotheres.

  1. As cores corresponden aos códigos RGB aprobados pola Comisión Internacional de Estratigrafía. Dispoñíble no sitio da International Commision on Stratigraphy, en «Standard Color Codes for the Geological Time Scale».
  2. Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
  3. International Stratigraphic Chart, 2008
  4. Haines, Tim; Walking with Beasts: A Prehistoric Safari, (New York: Dorling Kindersley Publishing, Inc., 1999)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy