Oligopolio

O oligopolio (do grego oligo - poucos, e polio - vendedor) é unha situación de mercado na que hai poucas empresas ofrecendo o mesmo produto ou servizo, de tal xeito que ningunha delas pode impoñerse totalmente no mercado. Hai por iso unha constante loita entre estas para poder levarse a maior parte da cota do mercado na que as empresas toman decisións estratéxicas continuamente, tendo en conta as fortalezas e debilidades da estrutura empresarial de cada unha.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy