Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Pernambuco | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 349.976 (2022) (8.396,54 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 41,681 km² | ||||
Altitude | 16 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Duarte Coelho | ||||
Creación | 12 de marzo de 1535 | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | câmara municipal de Olinda (pt) Circunscrición: 0, (Escano: 17) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 53100-xxx | ||||
Prefixo telefónico | 081 | ||||
Código de concello do Brasil | 2609600 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | olinda.pe.gov.br |
Olinda é unha cidade do estado brasileiro de Pernambuco. A súa poboación estimada o 2007 era 391 433 habitantes. A súa superficie total é 40,83 km².
O nome da cidade de Olinda, segundo se cre, derivou da frase Ó linda localización para construír unha cidade, por causa da beleza da paisaxe que se enxerga desde o outeiro onde se fundou no ano 1535 por Duarte Coelho Pereira. Foi elevada a vila o 12 de marzo de 1537. Olinda era sede da Capitanía de Pernambuco, pero foi incendiada no século XVII polos holandeses, que mudaron a sede para a cidade do Recife. Cando os holandeses foron expulsados o 1654, volveu ser capital. O 1837, perdeu o título de capital de Pernambuco novamente para Recife.
Olinda fai parte da Rexión Metropolitana do Recife, e localízase a 7 Km desta. Limita ao norte coa cidade de Paulista, ao sur e oeste co Recife, e a este co océano Atlántico.
Destacase pola súa beleza natural, e tamén é un dos máis importantes centros culturais e históricos do Brasil, conservando casas e igrexas do período colonial. Foi declarada, en 1982, Patrimonio Histórico e Cultural da Humanidade pola UNESCO.
O seu Carnaval tamén é coñecido en todo o Brasil e no exterior. Diferente do sur do Brasil onde predomina o samba, os bailes carnavalescos son animados polo ritmo acelerado e a danza do frevo, co seus pasos acrobáticos. Hai tamén o desfile dos maracatus, manifestación folclórica que mestura elementos africanos, indíxenas e europeos na danza, na percusión e nas vestimentas dos participantes.