Once Upon a Time in Hollywood | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Once Upon a Time in Hollywood |
Director | Quentin Tarantino |
Produtor |
|
Guión | Quentin Tarantino |
Intérpretes | |
Fotografía | Robert Richardson |
Montaxe | Fred Raskin |
Estudio |
|
Distribuidora | Sony Pictures Releasing |
Estrea | Festival de Cannes: 21 de maio de 2019 26 de xullo de 2019 |
Duración | 161 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido China[2] |
Xénero | Drama, suspense e crime |
Orzamento | 90–96 millóns de dólares[3] |
Recadación | 374,3 millóns de dólares[4] |
Filme anterior | The Hateful Eight |
Na rede | |
https://www.onceuponatimeinhollywood.movie e https://www.sonypictures.com/movies/onceuponatimeinhollywood | |
|
Once Upon a Time in Hollywood é un filme de 2019 escrito e dirixido por Quentin Tarantino. Producido por Columbia Pictures, Bona Film Group, Heyday Films, e Visiona Romantica e distribuído por Sony Pictures Releasing, é unha coprodución entre os Estados Unidos, o Reino Unido e a China. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Brad Pitt e Margot Robbie. Ambientado en 1969 nos Ánxeles, o filme conta a historia dun actor e o seu dobre de acción, e contén diferentes liñas argumentais como un tributo ós momentos finais da idade dourada de Hollywood.[5][6][7]
Once Upon a Time in Hollywood estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 21 de maio de 2019, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 26 de xullo de 2019, e no Reino Unido o 14 de agosto. O filme recadou 374 millóns de dólares en todo o mundo e recibiu a aclamación da crítica polo guión, dirección, actuación, fotografía, deseño de vestiario, produción e banda sonora. Entre os diferentes premios, foi escollido polo American Film Institute e o National Board of Review como un dos mellores dez filmes do ano. Recibiu dez nomeamentos na 92ª edición dos Óscar, incluíndo mellor filme, e gañou os premios de mellor actor secundario (Pitt) e mellor deseño de produción. Tamén gañou o Globo de Ouro ó mellor filme de comedia ou musical.