Opera | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Opera Software |
Última versión | 31.0.1889.174 (18 de agosto de 2015) |
Sistema operativo | Windows, macOS, Linux, Solaris, FreeBSD, OS/2, QNX |
Lingua/s | Varias Galego: Si (Dende a versión 8.00 en www.egalego.com) |
Tipo | Navegador web |
Licenza | Freeware dende a versión 8.51 |
Sitio web | http://www.opera.com |
O navegador Opera é un navegador web creado pola empresa norueguesa Opera Software en 1994. Opera é de balde dende a súa versión 8.50, sendo anteriormente shareware ou adware (con publicidade), e antes da súa versión 5.0 era de pago exclusivamente.
O navegador Opera é coñecido pola súa velocidade, seguridade, soporte de estándares (especialmente CSS), tamaño reducido, *intercionalidade e constante innovación. Foi un dos primeiros navegadores en incluír "lapelas" para a navegación pola web, sendo esta a principal característica nas súas primeiras versións. A versión 6 foi a primeira en contar con soporte de codificacións internacionais, e non foi ata a versión 7, reconstruída dende os cimentos, que contou con compatibilidade total con especificacións como DOM (Document Object Model), CSS2 (Cascading Style Sheets, segunda revisión) e XHTML (Extensible Hypertext Markup Language ou HTML extensible). A versión 7.6, unha versión de previsualización técnica ou Alfa, incluíu un novedoso sistema de recoñecemento de voz baseado en XML (VoiceXML), facilitando así a accesibilidade, que se mantivo na versión 8. Posteriormente, á mesma versión 8 agregóuselle soporte nativo de gráficos SVG Tiny.
As súas maiores distribucións son para Windows, macOS e Linux, mais atópase tamén dispoñible para unha variedade doutras plataformas, incluíndo OS/2, Solaris e FreeBSD. Ademais, existen versións para unha ampla variedade de dispositivos móbiles (xeralmente, de pago).