O opio é un látex desecado ao ar extraído por incisión transversal dos casulos verdes dos froitos de certas plantas como a durmideira (Papaver somniferum), que contén varios alcaloides, entre os que destaca a morfina por ser un forte analxésico e por ser a base para a obtención de heroínas[1]; é, polo tanto unha droga, analxésica, narcótica, de cheiro característico e un sabor amargo. Contén non menos dun 9'5% de morfina. As propiedades analxésicas e hipnóticas deste estupefaciente son coñecidos dende hai séculos. Os principais países produtores de opio son Turquía, o Irán, Iugoslavia e maila India.[2]
O opio preséntas en pans ovais, apalanados, usualmente duns 8 a 15 centímetros de diámetro e de 300 a 500 gramos de peso, aínda que os hai de até dous quilos. Os pans de opio son dunha cor acastañada clara que se escurece co tempo, moles, cubertos con follas de durmideira e froitos de Rumex.
Os alcaloides do opio atópanse combinados cos ácidos mecónicos, láctico e sulfúrico. Contén tamén tres principios neutros: meconina, meconisina e opionina, como tamén pectina, glicosa, mucilaxe, cera, graxas e colorants. A actividade farmacolóxica do opio é moi variada: é analxésico e narcóticos (morfina), antiperistáltico (antidiarreico), antiespasmódico (papaverina), antitusíxeno (codeína, papaverina), entre outros.