Orde toscana

Esquema da orde toscana segundo Vignola

A orde toscana non pertence ao grupo das ordes arquitectónicas gregas (dórica, xónica e corintia), senón que é a achega etrusca ás ordes clásicas. A orde toscana é só unha imitación bastardeada da dórica grega. É orixinaria da antiga Etruria e os romanos empregárona antes de facer a conquista de Grecia. Os monumentos de orde toscana, en Roma, eran pois antigos; foron arruinados, despois, polo tempo ou reconstruídos segundo sistemas diversos que Grecia fixo saber aos arquitectos; tampouco sobreviviu ata os nosos días ningún edificio enteiro construído exactamente con esas normas. Posteriormente foi adoptada e difundida polos romanos. Co paso do tempo, dado que os arquitectos renacentistas coñecían moito mellor a arte romana que a grega, a orde toscana tamén foi moi habitual desde o século XV (moito máis que a orde dórica que, practicamente era descoñecida e non foi recuperada ata o Neoclasicismo).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy