Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde abril de 2015) |
Un ordenador persoal é un aparello electrónico deseñado para un uso variado cuxo tamaño, capacidade e prezo de venda faino útil para o usuario. O termo ordenador persoal ven do inglés Personal Computer (PC), que aínda que no principio era un acrónimo co tempo foise utilizando para referirse os ordenadores baseados no sistema operativo Windows.
Os ordenadores adoitan traer aplicacións como editores de texto, follas de cálculo, navegadores e reprodutores multimedia entre outros mais non están limitados a esas só, senón que permiten a instalación doutras. A maioría deles poden ser conectados a unha conexión LAN, xa sexa mediante cable ou unha conexión sen fíos. Un ordenador persoal pode facer referencia tanto a ordenadores de escritorio ou portátil, netbooks ou tabletas.
Os primeiros usuarios dos ordenadores persoais tiñan que escribir os seus programas para facer algo útil xa que a maioría delas non tiñan sistemas operativos. Os primeiros de ordenadores de máis pequeno tamaño tiñan que cargar a man a secuencia de arranque e os programas (mediante cintas perforadas e máis tarde disquetes). Logo coa chegada das memorias ROM o arranque volveuse moito máis rápido, xa que o sistema operativo viña dentro desta memoria. Hoxe en día, pódese acceder facilmente a software comercial, libre e de código aberto que están xa compilados para poder executalos directamente. O software para estes ordenadores, tanto aplicacións coma videoxogos, adoitan desenvolverse independentemente do hardware e sistema operativo do equipo e distribuírse en formato CD mentres que nos dispositivos móbiles polo xeral adóitanse distribuír mediante unha tenda online.
Dende principios dos anos 90, o sistema operativo de Microsoft e o hardware de Intel predominaron no mercado dos ordenadores persoais, primeiro con MS-DOS e logo con Windows. As principais alternativas a este popular sistema operativo son macOS de Apple e os libres de código aberto Unix-Like, tales como Ubuntu. AMD pola contra é a principal alternativa a Intel.