Un organismo aerobio ou aerobio é un organismo que necesita oxíxeno para sobrevivir, xa que o utiliza como aceptor de electróns no seu metabolismo enerxético.[1] A diferenza deles, os organismos anaerobios son os que non requiren oxíxeno para crecer, e algúns deles mesmo se ven prexudicados ou morren en presenza de oxíxeno.[2] Todos os aerobios poden vivir en ambientes con oxíxeno, xa que poderán obter enerxía e están protexidos encimaticamente dos efectos nocivos oxidantes de derivados do oxíxeno que se poden formar, pero algúns anaerobios aerotolerantes tamén poden vivir en presenza de oxíxeno aínda que non o usen. A capacidade de realizar a respiración aerobia ten grandes vantaxes para os aerobios, xa que é un proceso metabólico con maior rendemento enerxético que procesos anaerobios como a respiración anaerobia ou a fermentación.[3] En xullo de 2020, biólogos mariños informaron que se atoparon microorganismos (principalmente) aerobios en "animación case suspendida" en sedimentos pobres en materia orgánica, que tiñan ata 101,5 millóns de anos de antigüidade, a 76 m de profundidade baixo o fondo do mar no Xiro do Pacífico Sur ("a zona con menos vida do océano"), os cales poderían ser os seres vivos de vida máis longa nunca atopados.[4][5]
↑Hentges DJ (1996). "17: Anaerobes:General Characteristics". En Baron S. Medical Microbiology (4 ed.). Galveston, Texas: University of Texas Medical Branch at Galveston. PMID21413255. Consultado o 24 July 2016.