Original Six

Partido entre os Maple Leafs e os Red Wings disputado na 1942-43, primeira tempada da era do Original Six.

Original Six é o termo empregado para referirse ao grupo de seis equipos de hóckey sobre xeo que formaron parte da National Hockey League dende a tempada 1942-43 ata a expansión de 1967, cando a participación aumentó a 12 franquías. Os equipos que pertencen a este grupo son os Montreal Canadiens, Toronto Maple Leafs, Boston Bruins, Detroit Red Wings, Chicago Black Hawks e New York Rangers.[1]

Aínda que a expresión se traduza literalmente en galego como Os seis orixinais, non significa que foran etes seis equipos os fundadores da NHL, de feito tan só Montreal Canadiens e Toronto Maple Leafs están presentes dende a primeira tempada da liga, mentres que os Boston Bruins se incorporaron en 1924 e o resto o fixeron en 1926. O termo fai referencia aos únicos equipos participantes na NHL durante 25 tempadas consecutivas nas que non houbo ningunha expansión a outras franquías.[2]

  1. Bill Sports Maps, ed. (27 de decembro de 2009). "National Hockey League. “Original Six” era, with map of 1966-67 season" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  2. Sports Illustrated, ed. (5 de outubro de 2009). "It's all about the Six" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2010. Consultado o 9 de xuño de 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in