Orixe | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Inception |
Director | Christopher Nolan |
Produtor | Christopher Nolan Emma Thomas |
Guión | Christopher Nolan |
Intérpretes | Leonardo DiCaprio Ken Watanabe Joseph Gordon-Levitt Marion Cotillard Ellen Page Tom Hardy Cillian Murphy Tom Berenger Michael Caine Dileep Rao Lukas Haas Pete Postlethwaite Talulah Riley Miranda Nolan |
Música | Hans Zimmer |
Fotografía | Wally Pfister |
Montaxe | Lee Smith |
Estudio | Legendary Pictures Syncopy Films |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | Odeon: 8 de xullo de 2010 e 16 de xullo de 2010 30 de decembro de 2015 (TVG) |
Duración | 148 minutos |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Ficción científica, Drama |
Orzamento | $160 000 000[1] |
Recadación | $825 500 000 |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/inception | |
Orixe (en inglés: Inception) é un filme de ficción científica, escrito, co-producido e dirixido por Christopher Nolan. Nos Estados Unidos foi estreado o 16 de xullo de 2010. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio, Ken Watanabe, Joseph Gordon-Levitt, Marion Cotillard, Ellen Page, Tom Hardy, Dileep Rao, Cillian Murphy, Tom Berenger e Michael Caine. DiCaprio interpreta Dom Cobb, un ladrón especializado na espionaxe corporativa que se infiltra no subconsciente dos seus obxectivos. Ofréceselle a oportunidade de recuperar a súa vella vida en troques de conseguir facer algo que se considera imposible: a "incepción", é dicir a implantación da idea doutra persoa no subconsciente do suxeito obxectivo.[2]
Estrearase en galego na TVG o 30 de decembro de 2015.[3]
One last job could give him his life back but only if he can accomplish the impossible—inception.