Ostra

O nome de ostra é usado para grupos diferente de moluscos que medran maiormente en augas mariñas. As ostras verdadeiras pertencen á orde Ostreoida, familia Ostreidae.

Algunhas subespecies son capaces de producir perlas no transcurso do tempo, que se forman a partir de partículas que se sedimentan na ostra. Existen diferentes tipos de perla dependendo do sedimento acumulado.

A ostra é un prato común na cociña litoral galega e doutros sitios da Europa Atlántica, onde se serven crúas cun pouco limón. Salientan Vigo e Arcade (do concello de Soutomaior) como vilas tradicionalmente ostreiras [1].

  1. Arcade celebra a Festa da Ostra desde 1987. Outra celebración semellante realízase en Noalla (Sanxenxo), que tamén celebra a súa Festa da Ostra, desde 1992.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in