Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI |
Morte | c. 595 (Gregoriano) |
Actividade | |
Ocupación | monarca, rei |
Familia | |
Cónxuxe | Teneu |
Fillos | Elffin, Saint Mungo |
Pai | Urien |
Irmáns | Pasgen fab Urien Morfudd ferch Urien Rhun ab Urien |
Owain mab Urien ou Owein, finado contra o 595, foi fillo de Urien, rei de Rheged c. 590, e loitou co seu pai contra os anglos de Bernicia. A figura histórica de Owain ficou incorporada na lenda artúrica onde tamén o coñecen como Ywain, Yvain, Ewain ou Uwain. Na súa forma lendaria é o protagonista do Cabaleiro do león de Chrétien de Troyes e do conto galés Owain, ou a dama da fonte, que se corresponde co poema de Chrétien.