Oxford University Press

Oxford University Press
Logo
AcrónimoOUP
Tipoeditora universitária, editora de livros, organización, editorial e editor de acceso aberto
Data de fundación1586
Nomeado en referencia aUniversidade de Oxford
Organización matrizUniversidade de Oxford
Organización subsidiariaOxford University Press Argentina SA, Oxford University Press Australia and New Zealand, Oxford University Press do Brasil, Oxford University Press Canada, Oxford University Press Czech Republic, Oxford University Press France, Oxford University Press Ghana, Oxford University Press Greece, Oxford University Press China Ltd, Oxford University Press Hungary, Oxford University Press India, Oxford University Press East Africa Ltd, Oxford University Press Pakistan, Oxford University Press Poland, Oxford University Press Thailand, Oxford University Press Turkey, Oxford University Press USA, Oxford University Press Southern Africa e Fajar Bakti
SedeOxford
PaísReino Unido
Na rede
https://corp.oup.com/
IMDB: co0164857 Facebook: OUPAcademic Twitter: OxUniPress Instagram: oxunipressbookshop LinkedIn: oup BNE: XX136667 iTunes: 307250511 Discogs: 4599118 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Oxford University Press (OUP; en galego: "Imprenta da Universidade de Oxford") é unha coñecida empresa editoral universitaria do Reino Unido. É a editora universitaria máis importante do mundo; figura entre os vinte e cinco primeiros grupos editoriais internacionais e é a segunda editora independente máis antiga en activo, despois de Cambridge University Press[1].

Trátase dun departamento da Universidade de Oxford, dirixido por un grupo de quince investigadores graduados de Oxford nomeados polo reitor da universidade, que constitúen o consello de administración, coordinados por un director executivo, que é o máximo representante da entidade.[2]

As súas publicacións están dispoñibles baixo dúas denominacións: "Oxford University Press", para a maior parte do catálogo, e "Clarendon", para determinadas obras de prestixio.

Esta editora publica varias obras de referencia, entre elas o Oxford English Dictionary, o Oxford Dictionary of English Etymology, o Oxford Advanced Learner's Dictionary, o Concise Oxford Dictionary, os Oxford Worl'd Classics e o Dictionary of National Biography.

  1. Balter, Michael. "400 Years Later, Oxford Press Thrives Arquivado 24 de setembro de 2011 en Wayback Machine.". En The New York Times. 16 de febreiro de 1994. (En inglés)
  2. Carter, Harry. A History of the Oxford University Press. Oxford, 1975. Páxina 137. (En inglés)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy