PEN International | |
---|---|
Tipo | organización non gobernamental internacional |
Data de fundación | 21 de outubro de 1921 |
Fundador(es) | Catherine Amy Dawson Scott |
Presidente/a | Jennifer Clement (pt) (2015-) |
Premios | Premio Monismanien |
Sede | Londres |
Na rede | |
https://www.pen-international.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
PEN International (coñecido como International PEN ata 2010),[1] tamén chamado PEN internacional ou PEN Club, é unha asociación de escritores fundada en Londres en 1921[2] para promover a amizade e a cooperación intelectual entre os escritores de todo o mundo. Outros obxectivos inclúen promover a literatura, defender a liberdade de expresión e crear unha comunidade internacional de escritores.[3] En 2010, a organización estaba composta por 145 centros en 104 países.[4] Cada centro funciona de xeito autónomo e mantén ligazóns cos demais a través do secretariado internacional PEN. En canto aos membros, están abertos a todos os escritores que publicasen.
Dende outubro de 2015, a presidenta é Jennifer Clement, escritora mexicano-estadounidense que foi presidenta de PEN México. É a primeira muller presidenta da organización. PEN é cofundador do premio PEN/Faulkner, creado en 1981.