Panathinaikos B.C.

Panathinaikos
Información xeral
Nome ΚΑΕ Παναθηναϊκός Α.Ο.
Liga A1 / Euroliga
Alcume Τριφύλλι (Trevo)
Πράσινοι (Verdes)
Fundación 1908 (baloncesto: 1919)
Cores           Verde, branco
Presidente Grecia Vassilis Parthenopoulos
Adestrador Ergin Ataman
Patrocinador OPAP (Pame Stoixima)
Vestimenta Adidas
Localización
Cidade Grecia Atenas, Grecia
Pavillón OAKA Indoor Hall
Capacidade 18 989 espectadores
Inauguración 1995
Campionatos
Euroliga 7 (1996, 2000, 2002, 2007, 2009, 2011, 2024)
Liga 40 (1946–1947, 1950–1951, 1954, 1961–1962, 1967, 1969, 1971–1975, 1977, 1980–1982, 1984, 1998–2001, 2003–2011, 2013–2014, 2017–2021, 2024)
Copa 20 (1979, 1982, 1983, 1986, 1993, 1996, 2003, 2005–2009, 2012–2017, 2019, 2021)
paobc.gr

O Panathinaikos B.C. (en grego: Κ.Α.Ε. Παναθηναϊκός Α.Ο., transliterado en galego: K.A.E. Panathinaikos A.O.) é un equipo profesional de baloncesto grego con sede na cidade de Atenas. O club é tamén coñecido de xeito habitual como PAO, que son as siglas de "Panathinaikos Athlitikos Omilos" (en grego: Παναθηναϊκός Αθλητικός Όμιλος). Os donos do club son a familia Giannakopoulos, magnates da industria farmacéutica. O club deportivo Panathinaikos foi fundado no ano 1908, aínda que a súa sección de baloncesto non foi creada até uns anos despois, en 1919, sendo un dos equipos de baloncesto máis antigos do país. Xunto co Aris de Tesalónica, é un dos únicos equipos que nunca descenderon da Primeira División do baloncesto heleno. O equipo xoga os seus partidos como local no Palacio O.A.K.A., recinto con capacidade para 18.989 espectadores.[1]

O Panathinaikos é ademais un dos equipos con máis éxitos no baloncesto, tento grego como europeo. Con xogadores como Dominique Wilkins, Byron Scott, Nikos Galis, Dimitris Diamantidis, Dino Rađja, Šarūnas Jasikevičius, Dejan Bodiroga, Žarko Paspalj, Željko Rebrača, Vassilis Spanoulis, Apostolos Kontos ou Panagiotis Giannakis, teñen na súa vitrina de trofeos trinta e seis ligas gregas, dezaoito copas, seis Euroligas, un Campionato do Mundo FIBA e dúas triplas coroas. Así, o Panathinaikos é o único equipo europeo con seis títulos da Euroliga desde o seu formato actual de Final Four en 1988. O seu principal equipo rival é o Olympiacos do Pireo, sendo os seus partidos referidos como o "Derbi dos Inimigos Eternos".

  1. Capacity: 18,989 (maximum capacity for basketball games).

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy